Carta aberta ao Sr. Alcalde de Guitiriz por Antón de Guizán (A Voz de Vilalba.com)

Estimado Xosé María Teixido:

En primeiro lugar, saudalo afectuosamente e felicitalo como primeiro representante da veciñanza de Guitiriz polo éxito da dedicatoria das letras galegas ao que é xa o seu veciño máis ilustre, Xosé María Díaz Castro.

Puiden comprobar nos actos da pasada fin de semana por vostede mesmo o orgullo de que Guitiriz puidese disfrutar de tal efeméride, “algo que non todos os concellos e alcaldes teñen a fortuna de vivir” segundo as súas propias palabras.

Honra por todo o vivido, pero tamén ao ver como os guitiricos en xeral e vilaregos en particular amosaron un compromiso e un traballo fundamental na celebración das letras, pero tamén os negocios de hostelería con magníficas ideas, os rapaces do colexio e o instiruto, e sobre todo esa magnífica asociación exemplo en todo o País que se chama Xermolos e que está liderada por Alfonso Blanco Torrado.

Penso, ao meu ver, que as letras galegas deste ano tivero un valor engadido sobre outras moitas que se teñen celebrado, e que radica principalmente nese compromiso e participación popular por riba de diferencias e que deu unha imaxe inmellorábel do concello que preside.

Non son guitirico pero son chairego como vostede, e agradezo ter vivido de primeira man unha celebración que conteibue á concienciación da riqueza que supón ter un idioma propio, tan rico e a importancia de expresarnos os galegos entre nós e no mundo con identidade de mm pibo diferenciado.

Pero lonxe de relaxarnos, agora comeza o verdadeiro traballo para o concello de Guitiriz, ao que se lle presenta unha grande oportunidade que non debe deixar morrer e que pasa por aproveitar os altos índices de coñecemento acadado vinculado a un elemnto altamente positivo: a cultura.

Independentemente do que pase no futuro desde o punto de vista politico, de quen goberne, a súa responsabilidade está en dar os primeiros pasos para consolidar e incentivar o papel de Guitiriz como referencia poetica e cultural pola sorte de ter acadado a travès do noso poeta tan alta distinción.

Ao meu ver, a cultura tamén é rendíble si se acredita nela, e lonxe de facer actos soltos e dispersos, do que se trata é de criar esteucturas estabeis e camiñar da man de outras institucións para facer no Vilariño esa Casa Museo do poeta vilarego, rutas en todo o concello, eventos permanentes, xornadas, congresos, etc. Todo beneficiará a Guitiriz, á súa hostelería, ao turismo, á creación de postos de traballo, á riqueza material e do coñecemento.

As letras 2014 non deben ser un problema, sinón unha grande oportunidade, non realizable de inmediato pero si planificada a medio plazo como quén fai un plan de turismo ou un plan urbanístico, analizando nunha especie de DAFO, debilidades e fortalezas existentes oero jo plano cultural e literario e con Díaz Casteo de referencia e no horizonte.

E non dubide vostede que ahí terá ao conxunto dos cidadáns, que con independencia de resultados electorais, saberán valorar os esforzos. Guitiriz, Outeiro de Rei, Vilalba…a Terra Chá toda síntese orgullosa de ter tan grandes poetas, unha producción que non para e que xa ten outros exponentes en en Guitiriz con Luz Campello, Jaki Quintela que publicará un poemario este verán con Xermolos, e escritores como Segundo López, o prooio Alfonso Blanco, e Pastora Veres que editará á volta do verán o seu libro da parroquia do poeta. A esto hai que sumar a inquedanza audiovisual vivida neste ano e na que participaron tamén os alumnos do IES.

Estou certo de que vostede, a corporación actual e as que a sucedan, son conscientes da responsabilidade pero tamén da ilusión que teñen depositada no futuro. Gutiriz pode ser un concello de tantos que pasado o día pasou a romería ou acadar con todo merecemento ser un referente na defensa do idioma, a literatura e todo canto lles rodea…

Pense vostede na honra que supuxo para vostede e para a vila á que representa sentirse o centro do mundo literario, que o idioma galego, lonxe de xerar polémicas e problemas, si se trata de defendelo e promovelo, une. Esa unión demostrada estes meses debe ser exemplo de maneira de actuar na defensa do propio e non só no idioma sinón en todo o que mos é propio e común aos galegos e comenzando polos Vilares, por Guitiriz.

Reitero os meus parabéns e despídome de vostede agardando volver a coincidir en calquer lugar e circunstancia no seu concello. Unha aperta.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *