“TRAPEIRO DE HONRA”

> OS VILARES, LAREIRA DE SOÑOS, CREA O PREMIO “TRAPEIRO DE HONRA” DE RECOÑECEMENTO Á DEFENSA E POSTA EN VALOR DA PARROQUIA.
>
> > O proxecto Os Vilares lareira de soños, creará este ano 2014 o Premio “Trapeiro de honra” de recoñecemento á labor de persoas e institucións en defensa e posta en valor da parroquia dos Vilares, tanto no apartado cultural, industrial, etnográfico, da natureza ou de calquera outro asunto merecedor de tal recoñecemento.
> >
> > Crease este ano o premio por ser o ano máis importante e simbólico da historia recente da parroquia, o centenario do nacemento de Xosé María Díaz Castro e tamén o ano no que se lle adican as letras galegas e no que Os Vilares pasarán a multiplicar o seu coñecemento alén do concello e da Terra Chá por mor desres acontecementos.
> >
> > O proxecto iniciado por Pastora Veres con unha punlicación e un documentario dirixido por Cibrán Tenreiro, que verán a luz após do verán e que pretende non rematar con estas dúas iniciativas, twn creado xa unha web, un logo identificativo, un facebook e pretende agora dar outro paso con esta nova iniciativa do premio ademáis de outras que se están a crear.
> >
> > Este premio chamarase Trapeiro de honra polo significado dun oficio hoxe desaparecido pero que era identificado como dos Vilares e famosos trapaeiros e trapeiras da provincia procederon desta parroquia. O señor Pedro, foi recoñecido con unha pezamusical, a muiñeira de Pedro Trapeiro, por Xosé Luís Foxo e con un precioso poema e un artigo da poeta do Incio Marica Campo, que foi mestra en Guitiriz.
> >
> > O oficio de trapeiro simboliza tamén un traballo humilde, digno para sacar a vida adiante na adversidade e unha maneira de relacionarse co mundo en tempos sin medios de comunicación e precarios medios de transporte.
> >
> > O premio de TRAPEIRO DE HONRA, nace coa vontade de ser unha homenaxe a todos os veciños e veciñas dos Vilares personalizado nunha figura cada ano.
>
> O premio non terá asignación económica ningunha e o designado cada ano recibirá un “trapo” serigrafiado co logo de Os Vilares, lareira de soños, e unha lenda relativa ao premio e o ano ao que corresponde, enmarcado.
>
> As bases do premio iniaron xa a súa redacción e estarán publicadas no prazo dun mes. Nelas señalarase o tipo de acto de entrega do mesmo e as datas previstas.
>
> Os Vilares sintese honrada de ser a parroquia dos trapeiros e así o demostra estendendo esa honra ao distinguir a parroquianos nativos ou adoptivos con este recoñecemento público.
>
> Saúdos trapeiros.
>
> Os Vilares, lareira de soños, lareira de todos.‎
>
http://dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
dosvilares@gmail.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *