LAREIRA DE SOÑOS por Pastora Veres

 

O lar é o centro da casa e implica familia, descendencia, propiedade, costumes, valores, tradicións… A casa está rodeada dun curral onde viven os animais como o can, o gato, galiñas, porcos e vacas. Tamén se gardan os apeiros de labranza, o carro, o arado, os xugos, os sachos…

Na cociña está a lareira, a alma da casa onde se prende o lume, punto de encontro da familia, do mundo visible e do oculto. O lume é a chama viva que nos da calor e luz.

Na lareira pasábanse as longas noites do inverno, ao calor do lume encendíase a imaxinación e fluían os contos de meigas, mortos, mouros…

o fume da lareira afuma os chourizos e xamóns e sae pola cheminea cara o mundo oculto con mensaxes. Sirve incluso para alonxar as tronadas.

As familias eram amplas, pais, sete, dez ou doce irmáns, avós, e irmán ou irmá solteiros dos pais ou avós.

Nos lares vilaregos e de parroquias veciñas e amigas consérvanse obxetos da casa e da labaranza.

O carro, transporte rural de colleitas, de persoas enfermas vivas e mortas. O canto do carro inspirador de poemas e cantigas…

Arados de milleiros de sucos…

Legóns que fortaleceron o músculo do pai.

Fouces que segaron centeo e trigo, o pan da vida.

Ferrados que medían as colleitas.

Potes fumeando e arrecendendo a nabal.

Candís que alumearon noites de lóstregos e sexo de estopa.

Cántaros de auga fresca da Fonte de Baixo.

Sellas que facían torres de Muller.

 

Pastora Veres

Publicado no Voceiro do ano 2011

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *