O proxecto

O proxecto ‘Os Vilares. Lareira de Soños’ é unha idea que levaba anos na cabeza de Pastora Veres, que nunca atopaba o momento para recoller por escrito a riqueza histórica, paisaxística, patrimonial e persoal da súa parroquia natal. Porén, unha serie de circunstancias, entre elas a dedicatoria a Xosé María Díaz Castro, natural dos Vilares, do Día das Letras Galegas, fixeron que lle dese para adiante a ese proxecto longamente arelado, que se enriqueceu coa posibilidade de gravar un documental.

Como din o prólogo do libro que se está a escribir:

Nin dos montes nin dos mares somos nós, os dos Vilares, trapeiros, valuros e chairegos

Trapeiros, valuros e chairegos, nin dos montes nin dos mares, somos nós os dos Vilares.

Aparecín  na vida polos Ramos, porta de entrada da Chaira e crieime ao pé dunha lareira de lume e fume “ lareira de soños”.

Xunto co libro estáse a rodar un documental que acompañará a edición e que forman un conxunto de grande importancia histórica para a provincia de Lugo.

Un proxecto cultural e social, que agardamos sexa do voso agrado.