“OS MANCHÁS” POR MAR BERES

10322636_558555337591683_1414725130784658952_n

Atopeime no berce
dos primeiros latexos,
unha casa baleira
de porta sen vidreira.

Un ceo inmenso
de verdes esquecidos,
un río famento
de pan do muíño.

¿Onde van os pequenos
brincando nos penedos,
onde remoe a Gallarda,
onde, o canto do carro?

As pedras de sempre
quedaron sen fala
en camiños que non andan.
Xa non se oen as zocas
da madriña nas lastras.

Os Manchás,
o pé do monte agarda silente.

© Mar Beres

Fotografía: Antón Tenreiro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *