OS VILARES ANO 25

O 2014 foi o ano cero dos Vilares cando o seu veciño máis ilustre, Xosé María Díaz Castro, foi protagonista absoluto das letras galegas. Unha inxección de popularidade por actos, estudos, centralidade mediática que situou á parroquia xeográfica e literariamente no mapa.

Un ano máis tarde, poderemos chamar a 2015 o ano 25 dos Vilares por varios motivos, o primeiro é que se cumpren 25 anos do pasamento de Díaz Castro, un poeta casado co simbolismo. O ano pasado facíanse 100 do seu nacemento.

Os Vilares celebra tamén no 2015 a XXV edición da Romería Labrega da Chaira, esa festa cultural campestre na que a etnografía, a memoria recente do rural chairego e o xantar na carballeira do Cancelo son xa uns clásicos da Terra Chá.

E precisamente naquela primeira Romería hai 25 anos, o poeta Manuel María fixo co motivo dunha exposición de fotos antigas fixo unha encomenda a Pastora Veres para ese traballo que verá a luz este ano dentro do Proxecto Os Vilares, lareira de soños con un libro e un documentario.

Este ano deu xa outro acontecemento, a publicación dun poemario (DELTA) doutro vilarego, Jaki Quintela, que suma nesa relación dos Vilares coa arte e a poesía.

Fitos todos estes que volverán a facer protagonista á parroquia que emerxe na Chaira cómo un penedo multiforme e fachendoso de sí.

Os Vilares, esa pequena parroquia que no 2015 vive o seu ANO 25. Así será!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *