Premio Trapeiro de Honra 2014

Alfonso Blanco recibirá o Premio Trapeiro de Honra 2014 concedido a Díaz Castro

Alfonso Blanco recibirá o lenzo das mans de Luís de Patricio.

Será o sábado 18 de abril a partir das doce do mediodía na Casa das Palabras da man de Luis de Patricio. O Premio do presente ano 2015 outorgado por ‘Os Vilares, lareira de soños’ será anunciado durante o mesmo acto.

‘Os Vilares, lareira de soños’ entrega este sábado 18 de abril o Premio Trapeiro de Honra 2014 a Díaz Castro ás doce do mediodía na Casa das Palabras de Guitiriz. A entrega será realizada por José Luís López Fraga, Luís de Patricio, a Alfonso Blanco Torrado, depositario da memoria e obra do poeta vilarego a través da A.C. Xermolos.

“Ninguén máis indicado para entregado, neto e afiliado do trapeiro máis coñecido da parroquia, o señor Pedro de Patricio e ninguén máis indicado para recollelo, o maior defensor e difusor da vida e obra do poeta do Vilariño”, indican os promotores do proxecto multidisciplinar.

O primeiro premio, do 2014, recaeu en Xosé María Díaz Castro coincidindo tamén coa dedicatoria das Letras Galegas e este ano de entrega do mesmo conmemórase os 25 anos da súa morte.

O premiado do presente ano 2015 darase a coñecer durante o mesmo acto de entrega do Premio Trapeiro de Honra 2014.

O Premio

Este premio é o recoñecemento e promoción de persoas e entidades que teñen traballado pola parroquia dos Vilares. Consiste nun lenzo nominal do premiado/a e ten carácter simbólico. O lenzo representa o trapo ou farrapos do que foi un símbolo dunha parroquia humilde e traballadora e quedará depositado na Casa das Palabras interactuando con outras obras artísticas e literarias arredor do noso poeta.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *